Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998 pola que se anuncia poxa para a contratación das obras de ampliación de beirarrúas e renovación de servicios na rúa Erbedelo.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1131.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto, para a contratación do proxecto de ampliación de beirarrúas e renovación de servicios na rúa Erbedelo.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 120 días.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

4.1. Importe total: 36.513.460 ptas., IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 730.269 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 1.460.538 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorren a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obras e acrediten a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 6 e grupo E, subgrupo 1, ambos categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense, salón de sesións.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Localidade: Ourense.

9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 29 de abril de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

5337