Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión celebrada o día 28 de maio de 1998 adoptou, entre outros, o acordo que transcrito literalmente di:

13. Proposta de aprobación definitiva da delimitación da unidade de actuación UA 20-1. Examinada a proposta que eleva a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, que textualmente di: «O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 26 de marzo de 1998 aprobou inicialmente a delimitación da unidade de actuación UA 20-1 entre as rúas Venezuela, Nicaragua, Barbeito e Estr. de Castela de acordo co expediente tramitado para o efecto. No BOP con data do 14 de abril de 1998 e no Diario Oficial de Galicia do 11 de abril de 1998, no Ideal Gallego do 16 de abril de 1998, cumprindo co dis

posto no artigo 38 do Regulamento de xestión da Lei do solo, publicouse anuncio da dita aprobación inicial someténdoa á información pública durante o prazo de vinte días. Cumpridos os trámites de publicación e non presenta reclamación ningunha, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión celebrada o 14 de maio de 1998 en votación ordinaria e por unanimidade, considerou oportuno propoñerlle ó Pleno municipal a adopción dos seguintes acordos: primeiro: Aprobar definitivamente a delimitación dunha unidade de actuación UA 20-1 entre as rúas Venezuela, Nicaragua, Barbeito e Estr. de Castela, de acordo coa descrición seguinte: delimitación da unidade de actuación UA 20-1 entre as rúas Venezuela, Nicaragua, Barbeito e Estr. de Castela, coas estremas seguintes: norte: Estr. de Castela nunha fronte de 20 m. Este: terreo libre en contacto coa r/ Barbeito, traseira da edificación nº 2 do camiño de Barbeito e parcela catastral nº 37586-02. Sur: r/ Venezuela. Oeste: parcela

catastral nº 37586-48 con fronte á Estr. de Castela, traseiras das edificacións nº 236 e 238 da Estr. de Castela, terreo municipal e parcela catastral 37586-62 con fronte á r/ Venezuela. A unidade ten unha extensión de 2.127 m e comprende a parcela propiedade de Edelmiro Balseiro Dopico e Rosario Rañal Beceiro e inclúe tres zonas: zonas 1 e 2: parcelas destinadas a edificación residencial suxeitas á ordenación establecida na modificación puntual do plan xeral no ámbito da UA-20 aprobada definitivamente o 26 de marzo de 1998. Zona 3: o resto dos predios destinarase a usos públicos de viario segundo as aliñacións fixadas na ordenación e a zona verde pública (V-54) incluídos os seus accesos peonís cunha superficie de 1.060 m. Segundo: declarar innecesaria a reparcelación no ámbito da UA 20-1 de propietario único cos efectos previstos no artigo 188 do Regulamento de xestión urbanística».

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra o mencionado acordo, logo de comunicación ó órgano municipal que o adoptou, recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de calquera outro que se considere procedente.

Ferrol, 17 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

5334