Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998 pola que se anuncia poxa para a contratación das obras de ampliación de beirarrúas e execución de gabias na rúa Vila Real.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1134.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto, para a contratación do proxecto de ampliación de beirarrúas e execución de gabias na rúa Vila Real.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 60 días.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

4.1. Importe total: 5.625.346 ptas., IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 112.507 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 225.014 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorre a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obra e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense, salón de sesións.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Localidade: Ourense.

9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 29 de abril de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

5337