Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1998 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto con trámite de urxencia, para a adquisición de uniformes para o persoal subalterno da Consellería da Presidencia e Administración Pública e conductores do PMX.

Obxecto: adquisición de vestiario para os subalternos da Consellería da Presidencia e Administración Pública e conductores do PMX.

Orzamento de licitación: 8.168.880 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 163.377 pesetas.

Fianza definitiva: 326.755 pesetas.

Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no

rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 8 de xullo de 1998.

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 13 de xullo de 1998.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

5592