Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.207

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998 de corrección de erros da do 5 de maio de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de sete prazas de técnico especialista en informática (programador), vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade (DOG número 103, do 1 de xuño).

Detectado erro na publicación da Resolución do 5 de maio de 1998 (DOG nº 103, do 1 de xuño) da Universidade de Vigo, pola que se convocan sete prazas de técnico especialista en informática (programador), vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade e de conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, este rectorado resolve corrixi-lo erro padecido e así no anexo III-tribunal:

Titular:

Onde di: «Secretario: Fernando Cuadrado Rodríguez, xefe da Sección de Xestión de Persoal, Nóminas e Seguros Sociais.», debe dicir: «Secretario: Fernando Cuadrado Rodríguez, xefe da Sección de Xestión de Persoal, Nóminas e Seguros Sociais, que actuará con voz e sen voto.».

Suplente:

Onde di: «Secretaria: Mª del Carmen Pérez Martínez, xefa do Negociado de Prazas PAS.», debe dicir: «Secretaria: Mª del Carmen Pérez Martínez, xefa do Negociado de Prazas PAS, que actuará con voz e sen voto.».

Vigo, 2 de xuño de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5928