Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 4 de xuño de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se lles notifica ás persoas que deberán achega-la documentación requirida polo Servicio de Inspección Tributaria para ultima-la tramitación dos expedientes de referencia (Abalo García, Manuel Francisco).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último domicilio coñecido que se indica, para que procedan a achega-los documentos requiridos polo Servicio de Inspección Tributaria.

Co fin de ultima- la tramitación dos expedientes que se citan, deberán no prazo de 15 días contados a partires do seguinte á publicación de esta cédula no DOG, xunta-la documentación solicitada ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial praza de América, bloque 1-portal oficinas 2º planta Vigo. Transcorrido o prazo sen que se cumpra co trámite, incorrerase nas responsabilidades que por infracción tributaria determina o Art.78 da Lei xeral tributaria do 28 de decembro de 1963, modificada pola Lei 25/1995, do 20 de xullo (BOE nº 174 do 22 de xullo), artigo 82.1º e seguintes, podendo sancionarse con multa pecuniaria fixa de ata 200.000 pesetas o, se é o caso, continua-las actuacións en curso, considerando o dito incumpri

mento como resistencia, negativa ou obstruccion á accion investigadora da Administración.

Contribuínte: Abalo García, Francisco.

Enderezo: Rosalía de Castro, 122-1ºA. Vigo.

Documentos:

-DNI.

-Xustificante acreditativo da liquidación correspondente.

-Escritura ou documento público obxecto da liquidación.

-Se a escritura estivese presentada nalgunha oficina liquidadora poderá comunicalo telefonicamente.

-Imposto: Transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Vigo, 4 de xuño de 1998.

Pedro J. Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo

5593