Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexitro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o día 1-4-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa insrición no libro de rexitro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás represtancións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa pubicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Envases Metálicos

de Vigo, S.A.L., 1998

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio regulará as condicións laborais da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., e do persoal que nela presta os seus servicios, así como de todo aquel que ingrese no futuro durante a súa vixencia ou prórroga. Quedan excluídos deste convenio, só para os efectos económicos, os postos denominados de «función directiva», que quedan amparados por este convenio para os demais efectos.

Artigo 2º.-Normas supletorias preeminencias.

Serano o Estatuto dos traballadores, a Ordenanza laboral da industria metalgráfica.

O pactado é preeminente sobre a ordenanza. Se a lexislación supera en algo o convenio, rexerá o disposto na lexislación.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha duración dun ano.

Entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro do mesmo ano. O convenio quedará automaticamente denunciado coa antelación de tres meses respecto da data do seu vencemento; non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artígo 4º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas colectivas e ad personam existente sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, sexan superiores ás establecidas no presente convenio.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 5º.-Salarios.

Establécese como salario base ou mínimo para cada categoría profesional o específico na táboa salarial, columna A do anexo I do presente convenio, entendéndose que, para as categorías que o teñen determinado diariamente, se percibirá por día natural sobre cantidades fixadas no devandito anexo, calcúlanse as antigüidades, os beneficios, as gratificacións extraordinarias, os sobresoldos de asistencia e puntualidades.

En caso de que o IPC rexistrado o 31 de decembro de 1998 sufra un incremento superior ó 2%, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efecto desde o 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de fomentar unha política social solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a suspensión das horas extraordinarias habituais; non obstante, realizaranse aquelas que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios urxentes, así como en caso de risco de perda ou deterioración de materias primas.

Así mesmo, realizaranse horas extraordinarias, unha vez oídos os representantes dos traballadores, por pedidos puntuais de producción, ausencias imprevistas, etc.

Terán carácter de horas estrucutrais para os efectos da cotización á Seguridadse Social as horas ás que fai referencia o parágrafo anterior e sempre que non poidan ser substituídas mediante contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas na lei.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal percibirá unha gratificación extraordinaria en cada un dos meses de xuño (antes do día 20) e decembro (antes do día 22), calculadas sobre o salario base da columna B do anexo, mais a antigüidade que corresponda e incentivo de productividade, por un importe de trinta días de salario.

Estas gratifiacións serán rateadas polo persoal que ingrese ou cesase no transcurso do ano, e computaranse para estes efectos, como traballados, os días de paro de persoal fixo descontinuo e os días de ausencia por accidente.

Artigo 8º.-Participacións en beneficios.

A gratificación de beneficios aboarase de conformidade co establecido no artigo 56 da Ordenanza laboral para as industrias metalgráficas, calculado sobre o salario que figure para cada categoría profesional no anexo. Queda sen efecto o parágrafo 2º do citado artígo 56.

Artigo 9º.-Organización do traballo.

A organización do traballo correspóndelle ó empresario, que o levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control do traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

O establecemento dun sistema de traballo e rendemento deberá ser negociado en comisión paritaria, constituída polos representantes e pola dirección da empresa.

Os salarios fixados no presente convenio corresponden a un rendemento de traballo de 60 puntos Bedaux e o seu equivalente nos restantes sistemas de remuneración.

Fíxase un incentivo de 5% do salario base para tódolos traballadores que teñan dereito a el, segundo vén recollido no seu contrato de traballo.

Artigo 10º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá terán unha retribución específica consistenente no aboamento dun sobresoldo cifrado no 37,5% do salario base aplicable a cada categoría profesional.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O personal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios do 5% do salario base correspondente a cada categoría profesional, co límite de cinco quinquenios.

Os quinquenios comezarán a computarse a partir da data inicial de ingreso na empresa e o seu importe percibirase desde o primeiro día do trimestre natural en que se cumpra o vencemento.

Para o cómputo da antigüidade, no que respecta a aumentos periódicos, terase en conta todo o tempo servido na mesma empresa e consideraranse como efectivamente traballados tódolos meses e días nos que o traballador estivo de alta na Seguridade Social, excepto o tempo de excedencia forzosa para cargo público ou sindical, así como o da prestación do servicio militar ou prestación substitutoria.

Capítulo III

Xornada laboral, vacacións, permisos

e excedencias

Artigo 12º.-Xornadas.

A xornada será de 1.776 horas en cómputo anual, distribuídas de acordo co calendario pactado, en xornada continua de 6 a 14 horas e de 14 a 22 horas.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal disporá de 30 días naturais de vacacións, dos cales polo menos 21 serán ininterrompidos entre o vinte de xuño e o quince de setembro e a empresa deberá elabora-lo correspondente calendario con anterioridade ó 31 de marzo, tralo informe previo dos delegados de persoal e salvo, en ámbolos supostos, que causas derivadas da producción e organización do traballo o impidan.

As vacacións será proporcionais ó tempo traballado para o persoal con contrato eventual ou temporal, e computaranse para estes efectos, como traballados, os días de paro do persoal fixo-descontinuo, que desfrutarán na súa totalidade.

A distribución destas vacacións farase por acordo entre a empresa e o seu persoal.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións entre en situación de ILT ou baixa por accidente, terá dereito ó desfrute delas ou á parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

O persoal que, por necesidades da empresa, non desfrute as vacacións no período acordado no calendario laboral, terá unha compensación de 1.500 ptas., diarias durante os días que o persoal desfruta das vacacións do mesmo período.

Artigo 14º.-Sobresoldo de asistencia e puntualidade.

A empresa aboará un sobresoldo de asistencia e puntualidade consistente no 10% do salario fixado para cada categoría profesional na columna A do anexo de presente convenio, incrementado en antigüidade, incentivo de producción e participación de beneficios.

Este sobresoldo computarase por períodos mensuais e terá dereito a el todo o persoal que non tivese mais de dúas faltas de asistencia ou puntualidade durante o dito período.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o dito sobresoldo percibirase igualmente nos seguintes supostos en concreto:

a) Cando o traballador se ausente por cumprir funcións de carácter sindical nos cargos representativos.

b) Os motivados polo artigo 15.

c) Durante os períodos regulamentarios de vacacións.

d) Mediante o permiso motivado por parto da muller ou intervención cirúrxica dos familiares comprendidos no apartado B.

e) Cando o traballador se ausente por causa de citacións xudiciais ou gobernativas ou por asistir a algún exame para estudios oficiais, incluso o obrigatorio para obte-lo permiso de conducción ou para a obtención ou renovación de DNI.

f) Durante os días que o traballador estea de baixa orixinada por accidente laboral.

Todos estes supostos deberán xustificarse suficientemente.

Artigo 15º.-Permisos.

Os traballadores, de avisaren coa posible antelación terán dereito a permisos retribuídos co salario contractual ou pactado, polas seguintes causas:

1. Tres días naturais por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o primeiro grao, tanto por afinidade como consanguinidade. Dous días naturais para netos e familiares ata segundo grao, tanto en afinidade. como consanguinidade. E un por falecemento de tíos en grao de consanguinidade.

No caso de que o traballador necesitase facer algún desprazamento, o prazo incrementarase dous días máis.

2. Tres días naturais por parto da muller.

3. Un día en caso de casamento do fillo/a, irmá/án ou pai/nai.

4. Quince días naturais en caso de casamento.

5. Un día por traslado de domicilio.

6. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborables, nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha idemnización, descontarase o importe desta do salario ó que tivera dereito na empresa.

7. Polo tempo necesario para asistir á consulta médica e con xustificación posterior se non pode ser anterior.

Nota: as referencias ó conxuxe contidas neste artigo esténdense ás parellas de feito, se hai un coñecemento previo por parte da empresa garantido mediante un certificado de convivencia expedido polo concello.

Artigo 16º.-Excedencia forzosa.

Os traballadores elixidos para desempeñaren cargos de responsabilidade no seu sindicato e que deban dedicarse por completo ó desempeño das súas tarefas poderán solicitar voluntariamente a excedencia polo tempo que dure a situación, transcorrido o cal, se

reincorporarán ós seus postos de traballo sempre e cando se solicite antes de transcorrido un mes contado desde a data de ter cesado nos referidos cargos.

Artigo 17º.-Excedencia voluntaria.

O traballador cunha antigüidade mínima dun ano na empresa, terá dereito á excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. O traballador que desfrute de excedencia non poderá solicitala de novo ata transcorridos catro anos desde a súa incorporación ó traballo, esgotada aquela.

Artigo 18º.- Protección á maternidade..

Nos casos de embarazo, se as condicións de traballo puidesen aumenta-lo risco de aborto ou malformación do feto, a traballadora terá dereito a cambiar de posto de traballo a outro que non implique risco para a saúde da nai nin do feto.

A traballadora en estado de xestación e lactación non poderá traballar por quendas nin realizar traballos nocturnos.

A traballadora, por lactación dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora de reducción da xornada normal.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá os seus traballadores de dous equipos de roupa de traballo ó ano, entendéndose por tales os integrados por funda ou bata ou chaqueta; pantalón ou similares, segundo as normas de uniformidade acordadas pola dirección.

Así mesmo, a empresa dotará o persoal dun par de botas.

Artigo 20º.-Contratación temporal e especial.

A empresa informará previamente os delegados do persoal das causas motivadas da contratación temporal, eventual, a tempo parcial e aprendizaxe; así como respecto do chamamento ou cesamento dos traballadores fixos-descontinuos, non se efectuará contratación eventual o u temporal para levar a cabo tarefas propias da empresa.

Os contratos eventuais por circunstacias de producción (R.D. 2546/1994 e Real decreto ley 9/1997) realizaranse ó amparo do Convenio interprovincial para a industria da metalgráfica.

Así mesmo, serán informados os representantes de persoal do número de contratos de carácter temporal ou eventual ou especial e das súas características, e terán coñecemento das prórrogas que nos ditos contratos se produzan e dos novos que se establezan.

Os representantes do persoal terán coñecemento dos censos de traballadores eventuais.

En todo caso, a empresa dará exacto cumprimento a canto sobre o particular se establece na Lei 2/1991, de 7 de xaneiro.

Capítulo V

Acción social

Artigo 21º-Revisión médica.

A empresa garantiralle ó seu persoal unha revisión média anual que será realizada por especialistas en enfermidades laborais, de acordo coas normas vixentes sobre seguridade e hixiene no traballo e deberá entregarlle o traballador comunicado, informe ou libreta médica acreditativos dos resultados obtidos na dita revisión, de mediar solicitude en tal sentido por parte do interesado.

Pola súa parte, a empresa informará os delegados do persoal de seguridade e hixiene do traballo ou ó vixilante de seguridade, se é o caso, sobre a situación sanitaria do cadro de persoal.

Corresponderalle a comisión paritaria do convenio o coñecemento en primeira instancia dos conflictos que puideran presentarse en relación con este tema e, no suposto de que os houbera, poderá aquela solicitar, de consideralo oportuno, o asesoramento dos organismos máis competentes na materia.

Artigo 22º.-Seguridade e hixiene.

A empresa está obrigada ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, etc. de conformidade coa ordenanza xeral de seguridade e hixiene vixente e o cumpimento da Lei de prevencion de riscos laborais (Lei 31/1995, do 8 de novembro); para tal efecto nomearase un delegado de prevención.

Artigo 23º.-Invalidez parcial.

Cando ó traballador/a lle sexa concedida a incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, a empresa terá a obriga de admitilo e darlle un traballo que non supoña diminución na súa remuneración, senón que haberá que manterlla na contía íntegra que lle corresponda segundo a súa categoría profisional, sempre que a causa da súa incapacidade fora producida por accidente laboral.

Artigo 24º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar con carácter oficial ou voluntario ou preste o servicio social substitutorio, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo de duración deste e un mes máis, e comutarase todo este tempo para os efectos da antigüidade na empresa.

Durante o tempo que permaneza no servicio militar ou social substitutorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratifiacións extraordinarioas establecidas no presente convenio.

Artigo 25º.-Anticipos.

A empresa, se a súa situación o permite, poderá anticipar, só en casos especiais, o valor dunha paga extra que será amortizada co non aboamento da mesma na data correspondente. O dito anticipo concederase nun número non superior ó 20% de cadro de persoal fixo.

Artigo 26º.-Axuda de estudios.

Aboaráselle mensualmente a cada traballador a cantidade de 1.875 ptas. por fillo en idade escolar, entre os tres e os dezaseis anos.

Artigo 27º.-Axuda a minusválidos.

Ós traballadores beneficiarios da prestación por fillo minusválido da Seguridade Social a empresa aboaralles 13.000 ptas./mes como axuda, nos mesmos casos e condicións que establece a normativa vixente para o suposto e calquera que sexa a antigüidade do traballador na empresa.

Artigo 29º.-Falecemento ou incapacidade de traballo.

En caso de falecemento do traballador ou invalidez permanente e absoluta non laborables, aboaraselles ós que o sucedan nos seus dereitos ou, se é o caso, ó interesado, a cantidade de 30.000 ptas. Esta cifra elevarase a 600.000 ptas. nos mesmos supostos cando teña carácter laboral.

Artigo 30º.-Axudas de custo e utilización do vehículo propio.

No caso de desprazamento do traballador por conta da empresa, esta aboaralle a aquel 6.000 ptas., en concepto de media axuda de custos.

A utilización do vehículo propio para o servicio da empresa compensarase co aboamento de 30 ptas./quilómetro.

Artigo 31º.-Xubilación.

Aqueles traballadores que se xubilen entre os 60 e os 65 anos (ambos inclusive) percibirán por unha vez a cantidade de 300.000 ptas.

Cando a xubilación teña lugar mediante acordo de empresa e traballador, este terá dereito á percepción por unha vez das seguintes cantidades:

-Xubilación ós sesenta anos: 12 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e un anos: 10 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e dous anos: 8 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e tres anos: 6 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e catro anos: 5 mensualidades.

Artigo 32º.-Transporte e sobresoldo de distancia.

A empresa facilitará o medio de transporte a todo o persoal para o traslado de Vigo ó Porriño e viceversa.

Capítulo VI

Dereitos sindicais

Artigo 33º.-Asembleas.

Os traballadores teñen dereito a reunirse en asemblea, que será convocada e presidida polos representantes do persoal. Da convocatoria e da orde do día darase traslado previamente á dirección da empresa.

Os traballadores terán dereito a 2 horas anuais retribuídas por realizar asembleas no termo do primeiro parágrafo deste artigo.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

A empresa computará o dereito de tódolos traballadores a sindicare libremente e autorizará que os traballadores dun determinado sindicato poidan realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical, todo iso fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividades normal da empresa nin interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

A empresa contará cun taboleiro de anuncios ó dispor dun sindicato e do delegado do persoal.

Artigo 35º.-Horas sindicais.

Os delegados de persoal da empresa disporán dun crédito de representación de 25 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións. Os delegados de persoal da empresa poderá acumular nun ou varios dos seus compoñentes as horas sindicais correspondentes.

Artigo 36º.-Expediente disciplinario.

Para proceder á sanción das faltas graves e moi graves en que o persoal poida incorrer, será preveptiva a tramitación do expediente contradictorio no que dará audiencia ó interesado con fin de que poida alegar canto na súa defensa considere oportuno. Das anotacións practicadas darase conta simultaneamente ós representantes legais dos traballadores.

Artigo 37º.-Acoso sexual.

Considérase que o acoso sexual no traballo é todo comportamento verbal ou físco de carácter ou connotación sexual que se dea no ámbito das relacións laborais, a persoa que o realiza sabe ou ha saber, que este comportamento non é desexado pola persoa da que é obxecto, incidindo a negativa ou aceptación das centrais sindicais con representación na empresa.

Considerarase falta grave cando o acoso sexual se produza entre compañeiros do traballo.

Considerarase falta moi grave cando o acoso sexual o leve a cabo un mando ou xefe do empregado.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para a intepretación e o cumprimento das cláusulas pactadas neste convenio establécese unha comisión mixta paritaria, que estará integrada polas partes negociadoras deste convenio.

Segunda.-Sendo a falta de regularidade no traballo característica da empresa, faise constar, e así se pacta, que cada suspensión de traballo do traballador fixo-descontinuo non se considera extinguida, senón, tan só interrompida a relación laboral e, ó ser esta suspensión derivada da falta de regularidade no traballo consubstancial ó desenvolvemento da indus

tria, non se considerarán estas debidas e a concorrencia das causas económicas ou translúxicas. As suspensións doutras características terán a regulación establecida na normativa vixente en cada caso; para tal efecto a tódolos traballadores sereanlles aplicadas as seguintes condicións.

1. A empresa garantiralles a tódolos traballadores fixo-descontinuos unha asistencia de 181 días de traballo ó ano que correspondan a: festivos, sábados, domingos, parte proporcional de vacacións e días de traballo.

2. Os traballadores deberán ser chamados de forma gradual, en función das necesidades que existan en cada momento ó volume de traballo a desenvolver e deberá efectuarse dentro de cada especialidade por orde rotativa e sucesiva de modo tal que cumpran aproximadamente tódolos traballadores o mesmo período útil de traballo cada ano.

O chamamento do persoal efectuarse mediante a oportuna comunicación que ha de practicarse de forma comprobada e o traballador terá un prazo de 48 horas (dous días) dentro do que pode incorporarse ás tarefas.

3. En caso de reducción e incumprimento de chamamento ó traballo, o traballador poderá presentar reclamación por despedimento ante a xurisdicción competente, iniciándose o prazo para iso o día que tivese coñecemento da falta de convocatoria.

4. Durante o período de inactividade do persoal fixo-descontinuo non se realizarán horas extroardinarias de ningunha índole, excepto aquelas de forza maior que se acordarán co comité de empresa.

5. A empresa complementará a prestación ata 80% da base reguladora que utilizou o Inem, para concede-la devandita prestación, durante os períodos de cobro da prestación por desemprego.

Terceira.-A citada táboa de remuneracións entrará en vigor a partir do 1-1-1998.

Cuarta.-O idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis prezados, así como a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, e é a nosa obriga coidala e potenciala.

Os traballadores teñen dereito a desenvolve-la actividade laboral e profesional en lingua galega.

Comisión negociadora.

A comisión negociadora do presente convenio, estivo integrada, por parte da empresa, por Rosa Ana González Fróiz, e por parte dos traballadores, Carmen Bernárdez Villar, Enrique Campo Carrera e Ricardo Rodríguez Fernández.

Táboas salariais

CategoríasSalarioSalario mesHoras

1. Persoal obreiro
Aprendiz 16 anos2.388,0071.640,0
Aprendiz 17 anos2.748,0082.440,0
Aprendiz 18 anos2.845,0085.350,0
Peón3.154,8694.645,8
Especialista 2ª3.249,4097.482,0
Especialista 1ª3.318,5699.557,0
Oficial 3ª3.404,74102.142,21.580
Oficial 2ª3.440,92103.227,61.615
Oficial 1ª3.703,72111.111,61.726
Oficial especialista litografía3.931,41117.942,31.828
Capataz3.383,34101.500,21.580
Encargado de sección4.048,0121.440,0
Garda nocturno3.235,9497.078,21.510
Porteiro3.236,0097.080,01.510
Ordenanza3.235,4497.063,21.510
Almaceneiro e listeiro3.383,00101.490,01.580

2. Persoal administrativo
Aspirante 16 anos2.409,2472.277,21.115
Aspirante 17 anos2.782,7283.481,61.284
Telefonista3.280,9598.428,51.513
Auxiliar3.445,66103.369,81.584
Oficial 2ª3.517,28105.518,41.621
Oficial 1ª3.755,64112.669,21.728
Xefe segunda4.165,90124.977,01.919
Xefe primeira4.318,0129.540,01.993

3. Persoal técnico
Delineante-debuxante
Proxectista 3ª3.623,0108.690,01.674
Proxectista 2ª3.777,0113.310,01.744
Proxectista 1ª4.087,0122.610,01.815
Mestre encargado4.318,0129.540,01.993
Técnico de organización4.036,0121.080,01.728
Xefe de organización4.319,0129.570,01.993
Titulado de grao medio4.328,0129.840,01.994
Titulado de grao superior5.700,0171.000,02.494

5793