Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 13 de maio de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a subministración de mobiliario urbano (contedores, papeleiras e adhesivos de identificación) e a súa instalación na cidade. Anúnciase a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do contrato é a subministración de contedores para a recollida de residuos sólidos urbanos de 800 litros de capacidade e a subministración e colocación de papeleiras urbanas de 50 litros, así como adhesivos de identificación para os contedores, e a súa instalación na cidade.

d) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega fíxase nun mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Parte primeira (contedores): 3.300.000 ptas.

Parte segunda (papeleiras): 1.125.000 ptas.

Importe total: 4.425.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 66.000 ptas para o bloque nº 1 e de 22.500 ptas. para o bloque nº 2.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da Xunta de Compras que se celebre, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 20 de maio de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

5997