Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 20 de maio de 1998, aprobou a contaración mediante concurso para a adquisición dun vehículo radio-patrulla para a policía local; polo presente anúnciase a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a adquisición dun vehículo radio-patrulla para a policía local.

b) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega será de 30 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: importe total. Financiarase a través dun arrendamento financieiro; o seu prezo será ofertado polos licitadores, tendo como importe máximo a cantidade de 72.500 pesetas por 48 mensualidades.

5. Garantías: provisional, 60.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43 e 982 29 71 86.

e) Fax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

b) Otros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

-Domicilio: Praza Maior, 1.

-Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convintes.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se celebre con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 1 de xuño de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

5998