Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

BASES específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade e pola quenda libre, de cinco prazas de auxiliares de Administración xeral.

Primeira.-Número, denominación e características.

Cinco prazas de auxiliar, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, clasificadas no grupo D. Acumularanse ás prazas previstas nesta convocatoria as que non se provexan na convocatoria das prazas de auxiliar da Administración xeral na quenda de promoción interna.

Segunda.-Sistema de provisión.

Concurso-oposición en quenda libre.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Os que se determinan nas bases xerais.

A titulación requirida é a de graduado escolar, FP1 ou equivalente.

Cuarta.-Prazo de presentación de instancias.

Previsto na norma 3.1 das bases xerais para a provisión das prazas da oferta de emprego público correspondente ó ano 1997.

Quinta.-Dereitos de exame.

Serán de 1.000 pesetas, quedando exonerados do seu aboamento aqueles que acrediten, mediante cer

tificado do INEM, encontrarse na situación de desemprego.

Sexta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador do concurso-oposición está constituído da seguinte forma:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secretario/a: un funcionario deste concello.

Vocais: o secretario xeral do concello ou oficial maior en suplencia daquel.

Dous ou dúas representantes da Xunta de Galicia.

Un funcionario/a doutra Administración local.

Dous ou dúas representantes da xunta de persoal deste concello.

Un representante da Alcaldía, designado por esta.

Un profesor de FP1.

O secretario do tribunal cualificador terá dereito a voz pero non a voto.

Sétima.-Probas selectivas.

Fase de concurso.

Consistirá en puntua-los méritos académicos e de formación dos/as aspirantes, de acordo co baremo que figura no anexo I. A puntuación máxima neste apartado non poderá supera-lo 15% da total.

Os/as aspirantes deberán supera-la fase de oposición para a súa valoración nesta fase de concurso.

Fase de oposición.

Constará de catro exercicios, de carácter eliminatorio, que se valorarán de 0 a 10 puntos, debendo obte-lo/a aspirante a puntuación de mínima de 5 puntos, en cada un, para participar no seguinte.

-Primeiro. Contestar, por escrito, nun tempo máximo dunha hora e trinta minutos, a un cuestionario de preguntas curtas que, en relación co temario que se xunta como anexo II, elaborará o tribunal no momento inmediatamente anterior á realización da proba, preparando cen preguntas das que se escollerán, por sorteo, cincuenta.

-Segundo. Desenvolvemento por escrito dun tema -do anexo II- elixido por sorteo polo tribunal nun tempo máximo dunha hora e trinta minutos, que será lido polo secretario do tribunal.

-Terceiro. Consistirá en transcribir un documento facilitado polo tribunal a soporte informático no programa WP para Windows versión 6.1, documento que será escollido polo tribunal dun expediente do propio concello inmediatamente antes da realización da proba, tendo en conta que o tempo para a súa realización o fixará o tribunal á vista do documento de que se trate e, en todo caso, un máximo de trinta minutos. O documento que se vai transcribir esixirá un mínimo de pulsacións así como a utilización de códigos do programa elixido (WP 6.1) que deter

minará o tribunal previamente. O documento terá que ser transcrito na súa totalidade para opta-lo/a aspirante á superación da proba, e valorarase, ademais, a súa presentación e corrección ortográfica e gramatical e a utilización correcta dos códigos do programa informático.

-Cuarto. Consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego nun tempo máximo dunha hora. Valorarase a súa corrección gramatical e ortográfica.

Ferrol, 1 de abril de 1998.

El alcalde accidental

Rubricado

ANEXO I

1. Cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega: 0,25 e 0,50 puntos, respectivamente, sen que poidan ser acumulados. O título ou certificación da realización destes cursos terá que estar expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

2. Cursos que teñan relación coas tarefas que vai desenvolver como auxiliar administrativo/a na Administración local. Os cursos terán que estar avalados ou promocionados por un organismo público e no termo curso entenderase incluído o de xornadas, simposio, congreso, máster ou similares.-0,10 puntos por cursos de duración de 0 a 15 horas.-0,20 puntos, de 16 a 25 horas.-0,30 puntos, de 26 a 35 horas.-0,40 puntos, de máis de 35 horas.

A puntuación máxima neste apartado non poderá superar 1 punto.

Ferrol, 1 de abril de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

ANEXO II

TEMARIO

Tema 1.-A Constitución española de 1978.- Características. Estructura. Contido.

Principios xerais. Dereito e deberes fundamentais.

Tema 2.-O Goberno.- Concepto. Integración. Cesamento. Responsabilidade. Funcións. Deberes. Regulamentación.

Tema 3.-O estado das autonomías.- Principios. Características.

Estatuto de autonomía. Elaboración. Contido. Reforma. Enumeración das comunidades autónomas.

O Estatuto de autonomía de Galicia.Características. Estructura e contido.

Tema 4.-Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.- Consideracións previas. Enumeración dos principios de actuación

da Administración pública. Exame de cada unha delas.

Tema 5.-O acto administrativo.- Concepto. Elementos. Clasificación, invalidez. Dereito positivo español.

Principios xerais do procedemento administrativo. Concepto e clases.

Fases do procedemento administrativo xeral. Principios. Normas regulamentadoras. Días e horas hábiles. Cómputo de prazos. Fases.

Referencia ós recursos administrativos. Concepto. Clases. Interposición. Suspensión da execución. Audiencia ó interesado. Resolución. Recurso ordinario. Recurso de revisión.

Tema 6.-Formas da acción administrativa: fomento. Policía. Servicio público.- Clasificación. Estudio de cada unha delas.

A responsabilidade da Administración. Introducción. Danos pola súa actividade ilexítima. Danos pola súa actividade lexítima. Responsabilidade no dereito positivo.

Tema 7.-O réxime local español.

Principios constitucionais e regulamentación xurídica.

Tema 8.-O municipio.- Evolución. Concepto. Elementos esenciais. Denominación e cambio de nome dos municipios.

O termo municipal.- Concepto. Caracteres. Alteración de termos municipais.

A poboación.- Concepto.

O empadroamento.- Concepto. Regulamentación. Obriga da inscrición. Contido. Xestión.

Padrón de españois residentes no estranxeiro. Concepto. Obriga de inscribirse e baixa, contido.

Tema 9.-Organización municipal.-Concepto. Clases de órganos. Estudio de cada un dos órganos.

Competencias: conceptos e clases. Lexislación española.

Regulamento orgánica do Concello de Ferrol.

Tema 10.-Ordenanzas e regulamentos das entidades locais.- Concepto e diferenciacións.

Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Ferrol.

Tema 11.-A función pública local.- Ideas xerais. Concepto de funcionario. Clases.

Organización da función pública local. Órganos e grupos que a integran. Funcionarios con habilitación de carácter nacional. Funcionarios propios das corporacións. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións na que poden atoparse.

A oferta de emprego público e as relacións de postos de traballo.

Tema 12.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.- Dereitos. Deberes. Réxime disciplinario.

Dereitos de sindicación.

Tema 13.-O persoal laboral ó servicio das entidades locais.- Precedentes lexislativos. Situación actual.

Réxime xurídico.- Persoal laboral. Persoal eventual. Contratación para traballos específicos.

Tema 14.-Procedemento administrativo local.Concepto. Principios que o inspiran. Actuacións que comprende.

Tema 15.-Funcionamento dos órganos colexiados locais.

Convocatoria e orde do día.- Réxime de sesións. Adopción de acordos.

Actas e certificacións de acordos.- Borrador da acta e aprobación. Transcrición da acta ó libro. Asinamento da acta. Certificados de acordos.

Tema 16.-O administrado.- Concepto e clases. Capacidade e causas modificativas.

Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. Enfoque.- Relacións de colaboración e participación. Réxime de cada tipo de relación.

Os dereitos e deberes dos veciños no ámbito local.Concepto de veciños. Dereitos e deberes.

Información e participación cidadá.- Información e participación dos veciños. Información e participación das asociacións veciñais.

O cidadán como cliente e como usuario dos servicios públicos. Concepto. Servicios públicos municipais.

Tema 17.-A atención ó público: acollida e información. Relacións entre as administracións públicas e os cidadáns. Dereitos dos cidadáns. Medidas para a atención ó público.

Os servicios de información e reclamación administrativa. Ideas xerais. Iniciativas e suxestións. Reclamacións e queixas. Regulamentación específica na esfera local.

Tema 18.-A comunicación na Administración. Ideas xerais. A comunicación telefónica. A comunicación escrita. O expediente administrativo. A comunicación oral. Outras formas de comunicación.

O uso correcto da linguaxe administrativa. Introducción á linguaxe administrativa: a democratización da linguaxe administrativa. O proceso de modernización en España. Uso correcto da linguaxe administrativa.

Tema 19.-O rexistro de documentos.- Concepto: o documento administrativo. O rexistro de documentos.

O rexistro de entrada e saída.- O seu funcionamento nas corporacións locais.

A presentación de instancias e documentos nas oficinas públicas. A informatización dos rexistros.

Comunicacións e notificacións.- Comunicacións. Notificacións e a súa publicación.

Tema 20.-O arquivo.- Concepto.

Clases de arquivo e funcionamento.- Arquivos históricos. Arquivos administrativos. Funcionamento.

Principais criterios de ordenación.

Especial referencia ó arquivo de xestión. Caracteres. Organización.

O dereito da cidadanía ó acceso a arquivos e rexistros.

Ferrol, 1 de abril de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

5500