Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 28 de maio de 1998, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle tramitado por Eulogio Cristobo Fungueiriño, en representación de Asociados Industriales, S.A. (Ainsa), da parcela I-11 do polígono industrial deste concello.

2. Aprobar, así mesmo, a parcelación que se contén no estudio de detalle.

3. Somete-lo expediente a información pública mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación.

Bergondo, 9 de xuño de 1998.

José Carabel Balsa

Alcalde-presidente

5101