Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1998 pola que se anuncia concurso para a subministración por lotes de material para os cursos de carpinteiro e solador alicatador no Centro Municipal de Formación.

1. Entidade adjudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número do expediente: S98/64.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: diverso material.

b) División por lotes e número: si.

c) Lugar de entrega: véxase punto 1.

d) Prazo de entrega: efectuarase ó ritmo que esixan as necesidades municipais, e non poderá ser superior a dez días, a partir da data de petición.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos, IVE incluído.

5. Garantía provisional: ver epígrafe 3 do cadro de características de cada un dos contratos.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Praza de María Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase pliego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentos que hai que presentar: véxase prego de claúsulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apaertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outra informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido ( Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a suministración por lotes de material para os cursos de carpinteiro e soldador alicatador no Centro Municipal de Formación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de xuño de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

5891