Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de mellora de captación de pluviais no contorno do Parque Europa.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras.

b) Número de expediente: 098/39.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de mellora de captación de pluviais no contorno do Parque Europa.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 31.622.748 pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 622.855 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Praza de María Pita,1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría c, grupo E, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteséis días naturais contados a partir da pubicación no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentos que hai que presentar: véxase pliego de claúsulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: véxase punto 2.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido ( Proposición económica e documentación administrativa) e o seguinte lema: Proposición que presenta ... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de mellora da captación de pluviais no contorno do Parque Europa.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de xuño de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

5840