Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos departamentos 2, 3 e 4 do cemiterio de San Amaro.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras. b) Número de expediente: 098/42.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos depatamentos 2, 3 e 4 do cemiterio de San Amaro.

Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 39.934.240 ptas. (IVE incluído).

5.Garantía provisional: 798.685 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: plarza de Mª Pita. 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo C, subgrupos 4 e 5, categoría b.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso

de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de claúsulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10 Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica e Documentación administrativa) e o seguinte lema: Proposición que presenta...para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos departamentos 2, 3 e 4 do cemiterio de San Amaro.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de maio de 1998.

O alcalde,

P.D.

Rubricado

5882