Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, plurianual, para a subministración de determinacións de bioquímica de urxencias (C.P. 111/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración determinacións de bioquímica de urxencias.

Orzamento: 31.400.000 ptas.

Garantía provisional: 628.000 ptas.

Lote N.O.Nº ordeMaterial técnica analítica199819992000Total contrato M.

(4 meses)(12 meses)(8 meses)

1Parámetros e nº de determinacións

1Ácido láctico100300200
2ALT (GPT)3.33310.0006.667
3Amilasa6.66720.00013.333
4AST (GOT)5.00015.00010.000
5Bilirrubina total1.6675.0003.333
6Calcio10.00030.00020.000
7CKMB6672.0001.333
8CPK10.83332.50021.667
9Creatinina30.00090.00060.000
10Glicosa31.66795.00063.333
11LDH5.33316.00010.667
12M-TP167500333
13Potasio31.66795.00063.333
14Proteínas totais6.00018.00012.000
15Sodio31.66795.00063.333
16Urea31.66795.00063.333
Determinacións/ano206.433619.300412.867
Total determinacións do período do contrato1.238.600

Mat. consumible

199819992000

Material consumible
incluídos reactivos e todo o material necesario para a realización das determinacións arriba definidas4.800.00014.500.0009.700.000
Total período do contrato29.000.000

Arrendamento

199819992000

Arrendamento de equipos auto analizadores
Importe mensual 100.000 ptas.400.0001.200.000800.000
Total período do contrato2.400.000

Importe acumulado do contrato:

Subministración29.000.000

Arrendamento2.400.000

Total31.400.000

Garantía provisional 2%628.000

Forma de adxudicación: o contrato adxudicarase mediante concurso, en procedemento aberto, plurianual, de acordo co previsto nos artigos 75, 86 e 91 da LCAP.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Laboratorio (unidade administrativa).

Admisión de variantes: establécese a admisión de 1 variante.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 40%.

Calidade dos artigos: 35%.

Servicio técnico da subministración: 25%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 16 de xuño de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

5883