Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto plurianual (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP), para o servicio de alimentación deste complexo hospitalario (C.P 112/1998).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 96, do xoves, 21 de maio, cómpre face-la seguinte corección:

Na páxina 5.608, onde di: «Punto 5.- Outros requisitos: os licitadores deberán acredita-la súa autorización sanitaria, conforme a normativa vixente na materia». Este punto foi incluído por erro, toda vez que non é esixible de acordo coa lexislación vixente, polo que se exclúe do prego de cláusulas administrativas particulares.

Por iso, (de acordo co artigo 67.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común), procede a súa rectificación, publícase nova convocatoria e ábrese novo prazo de presentación de ofertas.

I.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

II.-Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario

(planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 15 de xuño de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítmo Oza da Coruña

5897