Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.047

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ANUNCIO.

O acordo do Padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira polo que se nomea director da fundación.

O Padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, con domicilio en Recheo s/n, Cee (A Coruña), na súa reunión celebrada o día 8 de outubro de 1997, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 1l f) dos seus estatutos, aprobados por acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 25 de agosto de 1997, acordou resolve-la convocatoria pública para o nomeamento do director da fundación, órgano superior unipersoal de xestión desta, anunciada no Diario Oficial de Galicia nº 178, correspondente ó día 16 de setembro de 1997.

En consecuencia, de conformidade co previsto na base cuarta da dita convocatoria, faise público o seguinte acordo:

Primeiro.-Nomear director da fundación a José Rey Aneiros.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Presidente do Padroado da fundación Pública

Hospital Virxe da Xunqueira

4776