Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.047

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 11 de marzo de 1998, da Dependencia de Recadación de Toledo, de notificación para comparecer.

Por non ser posible realiza-la notificación ó interesado ou ó seu representante por causas non impu

tables á Administración tributaria, e intentado dúas veces, en cumprimento do disposto no artigo 105.6º da LXT (redacción por Lei 66/1977), cítase ó interesado ou ó seu representante, para ser notificado por comparecencia na sede desta Dependencia Provincial de Recadación, en Toledo, na rúa Alfonso X o Sabio nº 1. No caso de non comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta citación, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do dito prazo, de acordo co disposto no artigo 103.3º do RXR (Real Decreto 1684/1990, do 20 de decembro) nos seguintes termos: que non sendo satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso en período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da LXT, o órgano competente acordou:

«En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio e garantías do/s debedor/es, en caso de non producirse o ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

E ademais, considerarase de tódalas sucesivas dilixencias ata que finalice a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que lle asiste a comparecer.

Toledo, 11 de marzo de 1998.

Francisco Javier Pajares Álvarez

Xefe da Dependencia de Recadación

ANEXO

Datos do contribuínte: A45203858. Productos Titos, S.A. r/ El Toboso, km 1. Quintanar Or.

Concepto/descrición: sancións: 1994/01389.

Obxecto Trib.: Liq. 008961009.

Clave: liquidación: C1100096320145735.

Importe: 60.000.

D. Pro. Ap.: 21-2-1997.

4774