Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento contrataPrazo

execución

Clasificación esixida

-Nº 145/P.O.L. 97 A Pobra de Brollón.-Abto. auga e Sanmtº na Pobra de Cereixa10.000.0009 mesesNon se esixe

-Nº 199/P.O.L. 98 Barreiros.-Abtº. auga barrios Barranca, Nogueiredo, Granda e Sargendez, en S. Miguel Reinante11.000.0009 mesesNon se esixe

-Nº 200/P.O.L. 98 Begonte.-Conducción auga a Cima de Vila e Ciguñeira10.500.0009 mesesNon se esixe

-Nº 204/P.O.L. 98 Castroverde.-Abtº. auga ó núcleo de poboación de Bolaño11.126.5766 mesesNon se esixe

-Nº 208/P.O.L. 98 O Caurel.-Abtº. auga núcleos de Mercurín, Millares, Folgoso, A Campa e Parada10.000.0009 mesesNon se esixe

-Nº 211/P.O.L. 98 Guntín.-Abtº. auga depuración e saneamento en Guntín10.300.0003 mesesNon se esixe

-Nº 217/P.O.L. 98 Xermade.-Abtº. auga a Roupar de Abaixo10.000.0003 mesesNon se esixe

-Nº 225/P.O.L. 98 Guitiriz.-Mellora e ampliación do saneamento e Abtº. en Guitiriz e Parga.12.250.0009 mesesNon se esixe

-Nº 9/ZAE 98 sudoeste Paradela.-Dotación de servicios básicos en Paradela, rúas Lamacoba, S. Pedro e Ruxidoira21.888.0008 mesesGrupo A,

subgrupo 1, categoría c. Grupo B,

subgrupo 2, categoría c. Grupo E,

subgrupo 1, categoría c. Grupo G,

subgrupo 4, categoría c

-Nº 6/98 POS Barreiros.-Pistas polideportivas ó aire libre en Couto e Vilamartín Grande (S. Xulián)5.829.0003 mesesNon se esixe

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Sección de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase específica para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 15 de xuño de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

5814