Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de equipos para proceso da información con destino á imprenta provincial. (Expediente 98/4460 da Sección de Patrimonio e Contratación).

1. Obxecto: subministración de equipos para proceso da información con destino á imprenta provincial.

2. Lugar de execución: imprenta provincial.

3. Prazo de execución: dous meses.

4. Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

5. Orzamento: 25.1000.000 pesetas, desgregado en catro lotes.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

8. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

9. Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

10. Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 15 de xuño de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

5788