Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 11 de maio de 1998, aprobou inicialmente a subdivisión da unidade de actuación nº 6 do PERI da Pontepedriña, e a delimitación das dúas unidades resultantes (UA-6A e UA-6B) promovido pola entidade mercantil Constructora e Promotora Touro, S.L.. Así mesmo, tamén se aprobou inicialmente como sistema de actuación en ámbalas dúas unidades o de compensación.

O ámbito das citadas unidades sitúase na marxe leste da Travesa do Paxonal, na súa confluencia coa estrada N-525 (Santiago de Compostela-Ourense).

O expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

5804