Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998 pola que se dispón a publicación da convocatoria de procesos selectivos para a provisión das prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do exercicio de 1998.

En cumprimento do acordado polo Pleno da Corporación do día 29 de abril de 1998, no que se prestou aprobación ó texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión de prazas vacantes existentes no cadro de persoal e contidas na oferta de emprego público de 1998 e no exercicio das atribucións conferidas á Alcaldía polo artigo 41.14.a) do Real Decreto 2586/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dispoño a publicación da convocatoria pública de probas selectivas para a provisión das seguintes prazas vacantes reservadas a funcionarios e contidas na oferta de emprego público de 1998:

1 de técnico da escala de Administración xeral, subescala técnica, integrada no grupo A.

1 de administrativo da escala de Administración xeral, subescala administrativa, integrada no grupo C.

1 de auxiliar da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo D.

1 de técnico informático da escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase cometidos especiais, integrada no grupo A.

1 de enxeñeiro técnico en topografía da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, integrada no grupo B.

2 de cabo da policía local da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, integradas no grupo D.

11 de garda da policía local da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, integradas no grupo D.

2 de bombeiros da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase extinción de incendios, integradas no grupo D.

1 de vixiante de edificios e dependencias da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase vixiantes, integrada no grupo E.

3 de operario de servicios varios da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo E.

2 de operarios de limpeza de oficinas e dependencias da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo E.

As probas selectivas convocadcas rexeranse polas bases xerais e específicas nas que se especifican os requisitos para o ingreso e os procedementos de selección, texto que se publicou no BOP nº 108, correspondente ó día 9 de xuño de 1998, computándose o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias a partir da publicación da convocatoria no BOE.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos legais pertinentes.

Pontevedra, 11 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

5831