Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

OFERTA de emprego público para 1998.

A oferta de emprego público do Concello de Muros para 1998 comprende as seguintes prazas: persoal laboral fixo, dous operarios pertencentes á categoría de persoal de oficios, equivalente ó grupo E.

Bases xerais da convocatoria.

1. Normas xerais.

1.1. O obxecto desta convocatoria é a provisión en propiedade das prazas citadas anteriormente, de acordo coa oferta de emprego público deste concello para 1998, consonte o que dispoñen a Lei 30/1984, do 2 de agosto; a Lei 7/1985, do 2 de abril; a Lei 5/1997, de Administración local de Galicia; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e a Lei do Parlamento de Galicia 4/1988, do 26 de maio.

1.2. Os tribunais de selección non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas.

2. Requisitos.

Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos: a) ser cidadán español ou nacional dos demais estados da Unión Europea; b) ter cumpridos 18 anos de idade e non excede-la idade máxima establecida para a categoría; c) te-lo título esixido ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte na presente convocatoria; d) non ter enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das funcións correspondentes. As persoas que padezan minusvalidez deberán facelo constar na instancia sinalando se precisan adaptación das obras; e) non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Os anteriores requisitos e os específicos que se esixen para cada unha das prazas deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes e será nulo o nomeamento dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade conforme á normativa vixente.

3. Solicitudes.

Os que queiran participar deberán facelo constar en instancia dirixida ó alcalde da corporación, que

se presentará no rexistro xeral do concello (directamente ou a través dos sistemas previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro), no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, e á que achegarán recibo que acredite o pagamento da cantidade de 1.500 ptas. por dereitos de exame na Tesourería do concello (directamente ou por xiro postal e achegando, neste último caso, copia do resgardo).

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Para ser admitido e tomar parte nas respectivas convocatorias será suficiente con que os aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas no número 2 destas bases, amais das que para cada praza se sinalen nos respectivos anexos.

4.2. Rematado o prazo de presentación de instancias, a presidencia da corporación aprobará no prazo dun mes a lista de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, coa indicación do prazo de emenda que nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se conceda ós aspirantes excluídos.

4.3. A mesma resolución da alcaldía conterá a composición do tribunal e o lugar, hora e data de comezo dos exercicios.

5. Tribunais cualificadores.

5.1. Os tribunais das probas selectivas serán designados consonte o que dispón o R.D. 896/1991, do 7 de xuño, e a súa composición farase pública de acordo co establecido na base anterior.

5.2. Os membros do tribunal deberanse abster de intervir cando concorran as circunstancias que prevé o artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou prepararan aspirantes ás probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

5.3. O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia de alomenos tres dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

5.4. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes normas e nos casos non previstos por elas.

5.5. Tamén poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas da oposición, de xulgalo pertinente. Estes asesores cinguiranse a presta-la colaboración que o tribunal lles requira nas súas especialidades técnicas.

5.6. Para os efectos de asistencia dos compoñentes dos tribunais que actúen nestas probas, estes terán as categorías que correspondan segundo establece o R.D. 236/1988, do 4 de marzo.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A actuación dos opositores farase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando pola que corresponda conforme o que dispón

o sorteo que tivo lugar na Secretaría de Estado para a Administración pública.

6.2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamada única e excluiranse da oposición os que non comparezan, non sendo en casos xustificados que considere o tribunal. Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI.

6.3. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo exercicio e seguintes faraa o tribunal no taboleiro de edictos da corporación.

6.4. Os exercicios das diferentes oposicións terán lugar, se é posible, durante o presente ano.

6.5. Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer alomenos corenta e oito horas e non máis de vinte días.

7. Cualificación dos exercicios.

7.1. Os sistemas de cualificación de cada proba sinálanse nos anexos da presente convocatoria.

7.2. Soamente terán acceso ós exercicios voluntarios sinalados nos anexos os aspirantes que superasen tódolos exercicios obrigatorios eliminatorios.

7.3. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse o mesmo día no que se acorde no taboleiro de edictos da corporación.

7.4. A puntuación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

7.5. O tribunal poderá acorda-la lectura pública dos exercicios que se fagan por escrito se o xulgan oportuno e conversar cos aspirantes sobre o contido durante un tempo máximo de quince minutos.

7.6. Rematadas as probas o tribunal publicará a relación de aprobados pola orde de puntuación, que remitirá coa acta da última sesión á presidencia da corporación para que faga o nomeamento.

8. Nomeamento.

8.1. No prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte á publicación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral do concello os seguintes documentos: a) copia autenticada do DNI; b) título esixido para participar nas probas selectivas; c) declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas; d) declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade referida ó momento da toma de posesión; e) certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento da súa función expedida pola Xefatura Local de Sanidade.

8.2. Os aspirantes que desexen acredita-la súa condición de minusvalidez deberán presentar un certificado expedido polos órganos competentes que a acrediten e tamén xustificarán a compatibilidade co desen

volvemento dos traballos e funcións correspondentes á praza.

8.3. Os que tivesen a condición de persoal ó servicio das administracións públicas estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, presentando neste caso certificación da Administración pública da que dependan que acredite esta condición.

8.4. Os que no prazo sinalado e non sendo por causa de forza maior non presentasen a documentación esixida, non poderán ser nomeados quedando anuladas tódalas súas actuacións sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

8.5. Cumpridos os mencionados requisitos, o presidente da corporación fará o nomeamento dos aspirantes propostos que deberán tomar posesión no prazo dun mes contando desde o día que lles foi notificado o acordo.

9. Norma derradeira.

A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma dispostos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Bases específicas para a provisión de dúas prazas de operarios.

1. Sistema: concurso-oposición.

2. As prazas están incluídas no cadro de persoal do concello, como persoal laboral fixo.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.

4. Fase de concurso.

Primeiro.-Serán valorados os seguintes méritos:

a) Os servicios prestados en calidade de operarios para as entidades da Administración local na modalidade de contratado laboral. A puntuación será de 0,15 puntos por cada mes. A puntuación máxima que se pode outorgar por este apartado é de 5,00 puntos.

b) O currículum e a experiencia profesional dos aspirantes e a calidade do traballo desenvolvido. Serán valorables discrecionalmente polo tribunal ata un máximo de 3,00 puntos.

Segundo.-Os méritos serán avaliados de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas.

Terceiro.-O tribunal publicará as puntuacións que se lles outorguen ós aspirantes no taboleiro de edictos da corporación alomenos con 24 horas de antelación ó inicio da fase de oposición.

Cuarto.-A puntuación que se obteña na fase de concurso non se poderá aplicar para supera-los exercicios da fase de oposición.

5. Fase de oposición.

Primeiro exercicio, consiste en contestar brevemente nun período máximo de corenta e cinco minutos un cuestionario de corenta preguntas sobre temas relacionados co programa achegado e co coñecemento do territorio municipal de Muros e dos seus servicios públicos. Avaliarase o coñecemento específico do programa e do municipio.

Segundo exercicio, consiste en elaborar unha redacción nun período máximo de trinta minutos sobre un dos temas do programa. Avaliarase a cultura xeral e a capacidade de expresión.

Terceiro exercicio, de carácter práctico, consistente en realizar algunha ou algunhas tarefas propias do posto de traballo.

Cuarto exercicio, consistente en traducir para o galego un texto en castelán nun período máximo de vinte minutos.

Os tres primeiros exercicios serán obrigatorios e eliminatorios, avaliaranse de 0 a 10 puntos e en cada un deles é preciso acadar unha puntuación mínima de 5 para aprobalos. O cuarto exercicio é de carácter obrigatorio pero non eliminatorio e puntuarase de 0 a 3.

6. Tribunal cualificador.

Presidente: o da corporación ou concelleiro no que delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario municipal no que delegue.

Vocais: un experto designado pola alcaldía entre o persoal ó servicio da corporación; un experto designado polos representantes do persoal entre funcionarios de carreira; o funcionario xefe do servicio; e un representante da Xunta de Galicia.

Programa.

1. A organización do concello: o alcalde, a Comisión de Goberno e o Pleno da Corporación. Competencias e funcionamento.

2. Ideas básicas sobre o réxime electoral local.

3. O persoal o servicio do concello: estructura, funcións e nomeamento.

4. Dereitos e deberes do persoal ó servicio da Administración pública.

5. Os servicios públicos locais: enumeración, organización e formas de prestación.

6. O municipio de Muros: territorio, organización e servicios.

7. A brigada municipal de operarios: organización e funcións.

8. Organización de actividades dos pavillóns polideportivos e da Casa da Cultura.

9. Catálogo de ferramentas de brigada de operarios: enumeración, clasificación e funcións.

10. Catálogo de materiais de equipamento deportivo e cultural: enumeración, clasificación e funcións.

11. Ideas básicas de ecoloxía e defensa do ambiente natural.

12. Ideas básicas de bioloxía xeral e botánica.

13. Técnicas básicas sobre bateas, silvicultura e xardinería. Deseño e creación de xardíns.

14. Ferramentas e materiais de xardinería. Preparación do solo e plantación. Fertilizantes. Especies vexetais de xardinería. Céspedes. Reproducción de plantas. Tratamentos fitosanitarios.

Muros, 2 de xuño de 1998.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde

5813