Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

BASES específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, e pola quenda de promoción interna, dunha praza de cabo da policía local.

Primeira.-Número, denominación e características.

Unha praza de cabo da policía local, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clasificada no grupo D (artigo 25, Lei 30/1984).

Segunda.-Sistema de provisión.

Promoción interna, por concurso de méritos.

Treceira.-Requisitos dos aspirantes.

Para tomar parte no concurso de méritos, será necesario reuni-las seguintes condicións:

Ocupar praza de garda no cadro de persoal da policía local de Ferrol, con polo menos, dous anos de antigüidade nese cargo.

Estar na posesión do permiso de conducción de vehículos clases A-2 (ou novo A) e B-2 ( ou novo B).

Cuarta.-Prazo de presentación de instancias.

Recóllese na norma 3.1 das bases xerais para a provisión de prazas da oferta de emprego público correspondente ó ano 1997. Coa instancia deben achega-los interesados, inescusablemente, un currículum dos méritos profesionais e de formación a que se fai referencia no baremo dos méritos da convocatoria, así como os documentos acreditativos (orixinais ou fotocopias compulsadas) de reuni-los requisitos establecidos na base 3ª.

Quinta.-Tribunal cualificador.

Estará constituído por:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o do concello ou oficial maior por suplencia de aquel.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia. Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico. Dous representantes da Xunta de Persoal. Un funcionario ó servicio doutra Administración local.

Sexta.-Cualificación.

Consistirá na valoración dos méritos e circunstancias profesionais dos aspirantes de acordo co especificado no anexo, resultando aprobado o aspirante que acade maior puntuación, que será proposto polo tribunal á alcaldía-presidencia para o seu nomeamento.

Ferrol, 1 de abril de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

ANEXO I

Baremo de méritos para promoción interna das policías locais de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 132, do 10 de xullo de 1997.

ANEXO II

BAREMO DE MÉRITOS

Aplicarase o baremo de méritos establecido na Orde do 2 de xullo de 1997 pola que se aproba o baremo de méritos para a promoción interna das policías locais de Galicia, se ben, dentro do apartado DA valoración profesional o informe do Concello sobre a traxectoria profesional establecerase do seguinte xeito:

O tribunal establecerá a puntuación recollida no mencionado anexo, tras le-los informes dos aspirantes facilitados, individualmente, polo xefe da policía, un suboficial e un sarxento (os dous últimos designados polo tribunal).

O proxecto organizativo do posto de traballo deberá elaborarse, perante o tribunal, nun tempo máximo dunha hora.

5453