Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso público, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para as unidades de bioquímica de rutina, urxencias, seroloxía e hematoloxía do centro.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artígo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para os servicios de bioquímica de rutina, urxencias, seroloxía e hematoloxía do centro.

Obxecto e orzamento: a adquisición de reactivos e demais subminstracións necesarias para a realización de probas analíticas por un orzamento máximo de 19.650.000 ptas. IVE incluído.

Plazo de entrega: o material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo de 15 días desde a adxudicación; o resto segundo as necesidades do servicio de laboratorio do centro.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras, código postal 32300, teléfono 988 33 90 05.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trescentas noventa e tres mil pesetas (393.000 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en diante, LCAP).

Solvencia económica e financiera: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

Prezo ata 50 puntos.

Equipamento técnico ata 40 puntos.

Asistencia técnica ata 10 puntos.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderan presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo , a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que debarán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 3 de xuño de 1998.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal

de Valdeorras

5098