Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para o arrendamento sucesivo de servidores, software de base NT e servicios para o mantemento da producción para o Servicio Galego de Saúde (S-141/98).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 57 65; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto do arrendamento: os centros e dependencias de entrega indicaránselle á empresa que resulte adxudicataria.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban arrendarse: servidores dos modelos A, B e C descritos no prego de prescricións técnicas, software de base NT e servicios para o mantemento da producción para o Servicio Galego de Saúde.

-30 equipos/ano do modelo A.-10 equipos/ano do modelo B.-1 equipo/ano do modelo C.

Orzamento total: trescentos trinta millóns setecentas corenta e nove mil trescentas corenta pesetas (330.749.340 ptas, IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

4. Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro do ano 2000.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 20 de xullo de 1998.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 27 de xullo de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte ) ás 9.30 horas AM do día 7 de agosto de 1998.

8. Fianzas e garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciais da financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 6.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Outras informacións: o enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención de non estar publicado: non houbo anuncio de información previa.

17. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas: 3 de xuño de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

5761