Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA de notificación (expediente L-VR-1205/92 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, transcorrido o prazo previsto para a realización das obras aprobadas provisionalmente dos expedientes solicitados ó abeiro do Decreto 142/1992, do 5 de xuño, e ó non ter recibido a preceptiva comunicación de remate delas, comunícaselles que lle deberán remitir a esta delegación do IGVS a mencionada comunicación de remate, xunto coas fotografías que mostren tódalas obras realizadas co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente segundo o previsto no artigo 9 do citado decreto.

Advírteselles que, de non facelo desde que transcorran tres meses a partir da publicación do presente requirimento, se producirá a caducidade do procedemento cos efectos previstos no artigo 9 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino a presente cédula.

Lugo, 6 de maio de 1998.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expte.SolicitanteÚltimo domicilio

L-VR-1205/92Úrsula Zafra AlonsoRibas Pequenas, 11, Bóveda

L-VR-1654/94Julio Gómez GonzálezVilaxilde Espasantes Pantón

L-VR-2568/94María Montes SeijasSequeiras Campo Ramiro

Chantada

L-VR-2628/94Teresa Quintana RodríguezMontegrande. 44 San Vitorio

O Saviñao

L-VR-2957/94Manuela Rodríguez TelloSan Lourenzo, 10 Temes

Carballedo

5397