Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

DECRETO.

A Alcaldía deste Concello de Tomiño, e tendo en conta o acordo adoptado en sesión celebrada o día 30-5-1998 respecto de levar a cabo o deslinde dos predios que a seguir se recollen:

Terreo de festas en Vilameán de propiedade municipal respecto dos predios de propiedade de Felicitas Ferreira Ferreira e do seu home Luis Sierpes:

O deslinde que se vai facer será polo lindeiro oeste da mencionada parcela de titularidade municipal, tratándose dunha poligonal das seguintes dimensións de sur a norte:

8,90 m

10.75 m(palco)

0,20 m

13,40 m

2,50 m

3,30 m

13,15 m

Os lindeiros, segundo resulta da documentación que consta no Concello, son os seguintes:

Norte: camiño público.

Sur: terreo comunal da Comunidade de Montes Veciñais de Vilameán en liña de 17,55 metros e vivenda de Daniel Santos en liña de 11,15 metros.

Oeste: Luis Sierpes e Felicita Ferreiro.

Este: Sergio López e Jesusa Ríos, Daniel Santos.

Polo presente decreto e de conformidade co disposto no artigo 60 do vixente Regulamento de bens das CC.LL.,

RESOLVO:

a) A notificación do expresado acordo a Felicitas Ferreira Ferreira e Luis Sierpes como ó resto dos propietarios lindantes co predio obxecto de deslinde podendo presenta-los interesados ante a corporación cantos documentos consideren conducentes á proba e defensa dos seus dereitos ata os 20 días anteriores ó comezo das operacións, os cales se contarán a partir do que faga corenta da publicación do correspondente edicto no BOP e no DOG, advertindo que transcorrido o devandito prazo non se admitirán documentos nin alegacións de ningunha clase.

b) Publica-la presente resolución no BOP e no DOG no prazo de polo menos 60 días de antelación, á data do inicio das correspondentes operacións, iniciándose estas o día 11 de setembro de 1998 ás 10 horas no lugar onde se encadran os predios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Tomiño, 11 de xuño de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde

5815