Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998 pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto e con tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre os programas da Unión Europea dirixidos á internacionalización.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Comercio.

Número de expediente: 1/1998.

Obxecto do contrato: realización dun estudio para identifica-los programas e medidas da Unión Europea dedicados ó fomento da internacionalización e ás exportacións.

Prazo de execución: o prazo máximo de execución será de cinco meses, contados a partir da sinatura do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado para esta contratación é de once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas).

Garantías: provisional 2% do orzamento de contrato 220.000 pesetas.

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Gali

cia, por tratarse dun expediente tramitado polo procedemento de urxencia ó abeiro do artigo 72 da LCAP.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Localidade: San Caetano, Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 1571.

Data: o décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: ás dez horas e trinta minutos.

16. Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1998.

P.D (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

5797