Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998 pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto e con tramitación urxente, dun contrato de subministración de equipos e adecuación do laboratorio do centro de lousas en Valdeorras.

1. Entidade adxudicadora: Conselleria de Industria e Comercio.

2. Organismo: Dirección Xeral de Industria.

3. Número de expediente: 8/1998.

4. Obxecto do contrato: subministración de equipamento para o laboratorio do centro de lousas en Valdeorras.

5. Prazo de execución: a subministración, instalación, probas e confección das guías de operación e mantemento dos equipos deberá estar concluído e entregado o 30 de novembro de 1998.

6. Tramitación: urxente.

7. Procedemento: aberto.

8. Forma: concurso.

9. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo para esta contratación é de 15.550.000 ptas.

10. Garantías: provisional 2% do orzamento do contrato (311.000.ptas)

11. Obtención de documentación e información: Consellería de Industria e Comercio, San Caetano, 5-4ª planta, Santiago de Compostela, 15771, teléfono 981 54 55 22, fax 981 57 34 69.

12. Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

13. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente, ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Consellería de Industria e Comercio, San Caetano, Santiago de Compostela, 15771,

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

15. Admisión de variantes: non se admiten.

16. Apertura das ofertas: Consellería de Industria e Comercio, San Caetano, 5-4ª planta, Santiago de Compostela, 15771, o décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións . Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte, as dez horas.

17. Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1998.

P.D (18-5-1994)

Manuel Barreiro Barbeiro

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

5796