Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.
Organismo: Dirección Xeral de Industria.
Número de expediente: 7/1998.
Obxecto do contrato: subministración de equipamento para o laboratorio do centro de granitos no Porrriño.
Prazo de execución: a subministración, instalación, probas e confección das guías de operación e mantemento dos equipos deberá estar concluído e entregado o 30 de novembro de 1998.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Orzamento base de licitación: o orzamento máximo para esta contratación é de dez millóns cento cincuenta mil pesetas (10.150.000 ptas).
Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (203.000 ptas).
Obtención de documentación e información:
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
Teléfono: 981 54 55 22.
Fax: 981 57 34 69.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente, ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.
Admisión de variantes: non se admiten.
Apertura das ofertas.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións . Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.
Hora: 11 horas.
Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1998.
P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)
Manuel Barreiro Barbeito
Secretario xeral da Consellería de Industria
e Comercio
5799