Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración de ordenadores persoais e distintas licencias de software con destino á Consellería de Economía e Facenda.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 22/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores persoais e distintas licencias de software con destino á Consellería de Economía e Facenda.

b) División por lotes e número:

Lote I: 100 licencias de Windows NT Workstation.

Lote II: 100 licencias de Office.

Lote III: 50 (cantidade mínima) ordenadores persoais.

c) Lugar de entrega: no Centro de Proceso de Datos da Consellería de Economía e Facenda.

d) Prazo de entrega: 15 días a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 20.050.000 pesetas dividido nos seguintes lotes:

Lote I: 3.800.000 ptas.

Lote II: 5.500.000 ptas.

Lote III: 10.750.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional:

Lote I: 76.000 ptas.

Lote II: 110.000 ptas.

Lote III: 215.000 ptas.

Definitiva:

Lote I: 152.000 ptas.

Lote II: 220.000 ptas.

Lote III: 430.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os especificados na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

5516