Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.019

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (539/1996).

No procedemento de menor contía 539/1996, seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela por instancia de Manuel Rey Pardo e María del Carmen Castro Duro contra José Piñeiro Caldelas, Dolores Iglesias Fontenla, José Salvado Vigo e comunidade de propietarios da casa nº 235 na persoa do seu presidente, Eduardo García González sobre menor contía, dictouse a sentencia que, copiada no seu encabezamento e resolución, é como segue:

Sentencia.-En Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e oito. Vistos por José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción número seis dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía, seguidos neste xulgado co nº 101/1996 e 539/1996, acumulados, por instancia de Manuel Rey Pardo, actuando para si e en beneficio da sociedade leal de gananciais habida coa súa muller, María del Carmen Castro Duro, representado polo procurador Calviño Gómez e dirixido polo letrado Cerviño Luces; contra Carmen Romero Domínguez, Carmen Domínguez García, Ramón Romero Domínguez, José Piñeiro Caldelas, Dolores Iglesias Fontenla, José Salvado Vigo, contra a comunidade de propietarios da casa nº 235 da Avda. de Lugo, nesta cidade, incomparecidos en autos e declarados en situación procesual de rebeldía; e contra Santiago Tarrío Asorey e Agustina Romero Domínguez, representados en autos pola

procuradora Sánchez Silva, e dirixidos polos letrados Pedro Trepat e Santiago Pérez, respectivamente, sobre negatoria de servidume de luces.

Decido.-Que, estimando as demandas presentadas polo procurador Avelino Calviño Gómez, en nome e representación de Manuel Rey Pardo, contra Santiago Tarrío Asorey e Carmen Romero Domínguez, Carmen Domínguez García e a comunidade hereditaria de Vicente Romero García, formada pola súa viúva Carmen Domínguez García e os tres fillos habidos do matrimonio, Ramón Romero Domínguez, Carmen Romero Domínguez e Agustina Romero Domínguez, contra José Piñeiro Caldelas e Dolores Iglesias Fontenla, e contra José Salvado Vigo; e desestimándoo en canto se dirixe contra a comunidade de propietarios da casa nº 235 da Avda. de Lugo, declararon:

A) Que o predio do autor, descrito no feito primeiro da demanda, non está gravado con servidume de luces nin de vistas en favor dos predios dos demandados, sitos nos pisos 4º,5º, 2º D e 3º D da casa número 235 da Avda. de Lugo desta cidade de Santiago de Compostela.

B) Que os citados demandados, segundo proceda, están obrigados a repoñer ó seu estado anterior as ventás corredías que permitan luces e vistas directas

sobre o terreo do autor, deixándoas tal e como estaban antes das obras realizadas, é dicir, franxas ou ringleiras horizontais formadas por baldosíns ou celosías de cristais, grosos, opacos e fixos, que impidan a luz clara do día e do sol; así mesmo, tamén están obrigados a repoñer ó seu estado anterior as ventás de aluminio formadas por dous módulos de aluminio e sen lacar, de corredías e de cristais normais brancos tal e como quedaron despois das obras efectuadas, volvéndoas ó seu primeiro estado de ocos á altura das franxas ou ringleiras indicadas, sen ningunha ventá, que ten a modo de panel de 356 baldosíns(7x 5) con cristais grosos, opacos e fixos, tal e como estaban antes de modificarse, é dicir, igual que o que se aprecia no primeiro deles contando desde o pé do terreo de Rey Pardo, nas fotografías unidas ás actas que figuran incorporadas nos autos. Todo iso con expresa imposición ós demandados das custas procesuais causadas, con excepción das causadas á comunidade de

propietarios do edificio nº 235 da Avda. de Lugo, que se impón á parte actora.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación.

E co fin de que lle sirva de notificación en forma ó demandado José Salvado Vigo, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de abril de mil novecentos noventa e oito.

O/A secretario/a

Rubricado

5515