Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se convoca concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica de aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 23/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica de aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos.

b) División por lotes:

Lote 1: dous programadores.

Lote 2: un programador.

c) Lugar de execución:

Lote 1: no Centro de Proceso de Datos, en Santiago de Compostela.

Lote 2: na Delegación Territorial de Economía e Facenda, en Ourense.

d) Prazo de execución: será ata o 30 de novembro de 1998 (prestación de 600 xornadas que se realizarán desde o asinamento do contrato ata o 30 de novembro de 1998).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinte millóns oitocentas oitenta mil pesetas (20.880.000), IVE incluído, distribuídos do seguinte xeito:

Lote 1: 13.920.000 pesetas.

Lote 2: 6.960.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: lote 1: 278.400 pesetas. Lote 2: 139.200 pesetas.

Definitiva: lote 1: 556.800 pesetas. Lote 2: 278.400 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas (PCA).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 7 do PCA.

c) Lugar de presentación: só no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 10 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

4241