Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.018

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LALÍN

EDICTO (292/1997).

Segundo o disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín-Pontevedra, faise saber que no expediente de suspensión de pagamentos número 292/1997 promovido pola entidade Talleres Castilla, S.L., se acordou convocar e cita-los acredores á xunta xeral que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día vinteoito de xullo ás dez horas, coa prevención a estes de que poderán concorrer persoalmente ou por medio de representante co poder suficiente para o dito cargo e con título xustificativo do seu creto; sen o dito requisito non serán admitidos e o dictame dos interventores e demais documentación establecida na Lei de suspensión de pagamentos estará ata o dito día ó seu dispor na secretaría deste xulgado co fin de consegui-las copias ou notas que estimen oportunas.

E para que así conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto en Lalín o nove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5501