Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.017

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 97/016, 97/017 e 97/018 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade 97/016, 97/017 e 97/018 convocadas por Resolución do 5 de xuño de 1997 (BOE do 27 de xuño), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 2 de xuño de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Praza nº: 97/016.

Comisión titular:

Presidente: Varela Jácome, Benito, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Fernández Rodríguez, Teodosio, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocais: Mainer Baque, José Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Mico Juan, José María, profesor titular de universidade. Universitat Pompeu Fabra.

Ordiz Vázquez, Francisco Javier, profesor titular de universidade. Universidade de León.

Comisión suplente:

Presidente: González Boixo, José Carlos, catedrático de universidade. Universidade de León.

Secretario: Tovar Blanco, Francisco, profesor titular de universidade. Universidade de Lleida.

Vocais: Torres Nebrera, Gregorio, catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.

Ruiz Silva, José Carlos, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

García Garrosa, María Jesús, profesora titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Praza nº: 97/017.

Comisión titular:

Presidente: Iglesias Feijóo, Luis, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Parrilla García, Carmen, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Beser Orti, Sergio, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Miguel y Martínez, Emilio, profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Oteo Sans, Ramón, profesor titular de universidade. Universidade Rovira y Virgili.

Comisión suplente:

Presidente: Rey Álvarez, Alfonso, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: López Poza, Mª Sagrario, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Martínez Gómez, Juana, catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Rull Fernández, Enrique, profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia-UNED.

García López, Jorge, profesor titular de universidade. Universidade de Xirona.

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: lingua española.

Praza nº: 97/018.

Comisión titular:

Presidente: Rojo Sánchez, Guillermo, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Casado Velarde, Manuel, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Forgas Berdet, Esther, catedrática de universidade. Universidade Rovira y Virgili.

Veiga Rodríguez, Alejandro, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Álvarez Menéndez, Alfredo I, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Martín Zorraquino, María Antonia, catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza.

Secretario: Pérez Pascual, José Ignacio, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Moya Corral, Juan Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Devis Márquez, Pedro Pablo, profesor titular de universidade. Universidade de Cádiz.

Pérez Toral, Marta, profesora titular de universidade. Universidade de Oviedo.

5700