Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.016

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 97/011 e 97/044 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real Decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios, por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real

decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade nº 97/011 e 97/044, convocadas por Resolución do 4 de abril de 1997 e 1 de outubro de 1997, respectivamente (BOE do 26 de abril e 25 de outubro, respectivamente), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 2 de xuño de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Praza nº: 97/011.

Comisión titular:

Presidente: Cátedra García, Pedro Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Secretario: Salvador Miguel, Nicasio, catedrático de universidade.

Universidade Complutense de Madrid.

Vocais: Díaz de Castro, Francisco José.

catedrático de universidade. Universidade de Baleares.

Rodríguez Cuadros, Evangelina, catedrática de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Rubio Cremades, Enrique José, catedrático de universidade. Universidade de Alacante.

Comisión suplente:

Presidente: Iglesias Feijoo, Luis, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Lacarra Lanz, María Eugenia, catedrática de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

Vocais: Polo García, Victorino, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Berenguer Castellary, Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Navarro Durán, Rosa, catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: urbanística e ordenación do territorio.

Praza nº: 97/044.

Comisión titular:

Presidente: Moya González, Luis, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Gallego Jorreto, José Manuel, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: León Vela, Manuel José, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Sánchez Gil, Emilio, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Arce Ruiz, Rosa María, profesora titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Font Arellano, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Martínez Suárez, José Luis, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Torres Capell, Manuel De, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Martínez del Río, Mª Nicolasa, profesora titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Ezquiaga Domínguez, José Mª, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

5444