Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.019

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (394/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 394/1995, cítase a denunciante, Laura Mellado Luri, da que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 1 de xullo ás 10.50, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndolle que pode ser asistida de avogado e que deberá acudir coas probas que teña, e prevíndoa de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre ela os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o tres de xuño de mil novecentos noventa e oito.

0/a secretario/a

Rubricado

5673