Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

BASES xerais que regularán a convocatoria unitaria para a provisión de prazas da oferta de emprego público correspondente ó ano 1997.

De conformidade co acordo plenario desta corporación, de data 23 de decembro de 1997, polo

que se aprobou a oferta de emprego público do persoal funcionario de carreira para o exercicio de 1997, as convocatorias para a provisión en propiedade das prazas que figuran na referida oferta de emprego público, regularanse á parte das bases que se determinen nas convocatorias específicas para cada clase de prazas, polas seguintes:

Bases xerais.

1. Normas xerais

1.1. O obxecto da convocatoria é a provisión en propiedade das prazas de funcionarios/as que figuran na oferta de emprego público do persoal funcionario de carrera para o exercicio de 1997 a través dos procedementos de selección que para cada unha delas se determinan nestas bases xerais e nas específicas de cada clase de prazas, de conformidade co preceptuado na Lei 30/1984, do 2 de agosto, a Lei 7/1985, do 2 de abril, o Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril e demais lexislación concordante, en especial o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, Decreto 95/1991, do 20 de marzo, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local en Galicia.

1.2. A forma e sistema de provisión destas prazas vacantes determínanse nas bases específicas das convocatorias correspondentes. Declárase expresamente que os tribunais encargados da selección non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas nun número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

1.3. A promoción interna realizarase ó amparo do establecido no artigo 22.1º da Lei 30/1984, segundo a redacción dada pola Lei 23/1988, e terase en conta o disposto para tal fin no II Acordo Regulador das Condicións de Traballo do Persoal ó servicio do Concello de Ferrol.

Determinarase nas bases específicas o sistema de provisión das prazas que correspondan á promoción interna ou quenda libre. Así mesmo, o xeito, condicións, titulación e antigüedade como funcionarios/as de carreira ó servicio da corporación que desexen optar ás reservadas a promoción interna.

O tribunal poderá acorda-la celebración conxunta ou separada da fase de oposición, para os/as aspirantes da quenda libre e restrinxida.

As prazas reservadas para promoción interna que queden desertas acumularanse ás convocadas polo sistema xeral de acceso libre.

2. Requisitos dos/as aspirantes.

2.1. Para ser admitido á realización das probas selectivas, os/as aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional doutro estado membro da Comunidade Europea nos termos previstos na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a deter

minados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Comunidade Europea.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder daquela en que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade determinada na lexislación básica na materia de función pública, agás para aqueles supostos en que a lei establece unha idade inferior.

c) Estar en posesión da titulación esixible ou estar en condicións de obtelo, na data na que remate o prazo de presentación de instancias en cada caso. Os títulos requiridos para cada unha das prazas sinálanse nas respectivas bases específicas, reguladoras de cada convocatoria.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións. As persoas con minusvalía deberán facelo constar na instancia, indicando que precisan adaptacións das probas.

e) Que non fose separado, mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

2.2. O cumprimento dos requisitos establecidos na norma anterior enténdense referidos ó último día do prazo de presentación de solicitudes.

2.3. Será nulo o nomeamento como funcionario da entidade local de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar na instancia que será facilitada no rexistro xeral do concello. As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Ferrol, presentándose no rexistro xeral deste, durante o prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto de anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. A convocatoria publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coa lexislación vixente na materia, contabilizándose o prazo, en calquera caso, e tal como quedou dito, desde a publicación no BOE. Poderán remitirse tamén no xeito que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (concordante co artigo 66 da LPA de 1958). Nas instancias farase constar necesariamente de xeito expreso, que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos de capacidade esixidos para tomar parte nas

probas selectivas de que se trate.

3.2. A instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Carta de pagamento acreditativa do aboamento na Tesourería Municipal do importe dos dereitos de

exame que para cada proba selectiva se sinalen nas bases específicas de cada praza que convocase, ou ben, resgardo de xiro postal ou telegráfico do seu aboamento.

c) Naqueles casos que nas probas selectivas exista fase de concurso, os/as aspirantes deberán acompañar tamén e inescusablemente, os seguintes documentos:

-Currículum vitae do solicitante.

Documentos acreditativos ou fotocopia compulsada de todos e cada un dos méritos alegados que sexan puntuais de acordo co baremo que se estableza para cada caso nas correspondentes bases específicas.

3.3. Os dereitos de exame só serán devoltos ós que non foran admitidos ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución pola que se declarará aprobada a lista de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do prazo de emenda que, cos termos do artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, concédese ós aspirantes excluídos/as, determinando, así mesmo, lugar e data de comezo dos exercicios e composión do tribunal.

A devandita resolución publicarase no BOP, e expoñerase no taboleiro de edictos da Casa do Concello e a data de publicación no BOP será determinante dos prazos para efectos de posible impugnación e interposición dos recursos que procedan de acordo coa lexislación vixente.

5. Tribunais cualificadores.

5.1. Os tribunais das distintas probas selectivas designaranse a teor e de conformidade co sinalado no Real decreto 896/1991, que establece as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios/as da Administración local, e a constitución dos tribunais determinarase nas convocatorias específicas da praza ou prazas que se convoquen.

5.2. Os membros do tribunal, deberán absterse ou intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorran nelas as circunstancias previdas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou realizasen tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

Os/as aspirantes poderán recursar ós membros do tribunal cando concorran as devanditas circunstancias.

5.3. O tribunal non poderá constituírse nin actuar se a presencia, polo menos, da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

5.4. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estimen pertinentes, limitándose os referidos asesores a presenta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

5.5. Os tribunais que actúan nestas probas selectivas terán a categoría correspondente, de conformidade co establecido no R.D. 236/1988, do 4 de marzo, e lexislación complementaria.

5.6. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previdos.

5.7. Calquera concelleiro/a poderá asistir ás sesións dos tribunais cualificadores, con carácter de observadores.

6. Comezo das probas selectivas e programas.

6.1. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos/as da oposición quen non compareza, salvo nos casos debidamente xustificados libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio ó que non comparecerán e, de ser apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fora examinado do anterior exercicio ó aspirante interesado.

6.2. A orde de actuación dos/as aspirantes iniciarase de conformidade coa resolución da Secretaría do Estado para a Administración xeral do Estado.

6.3. Os/as aspirantes afectados/as por minusvalía acreditarán, se é o caso, mediante dictame vinculante expedido polo equipo multiprofesional competente emitido con anterioridade á iniciación das probas selectivas, as condicions persoais de aptitude para o exercicio de funcións correspondentes á praza obxecto da convocatoria.

6.4. Unha vez comezadas as probas selectivas non será obrigatoria a publicación da celebración dos sucesivos exercicios no BOP, senón que será suficiente coa súa exposición no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

6.5. Nas convocatorias específicas que completen a presente, unitaria, concretarase o contido de cada proba, xeito e desenvolvemento, sistema de cualificación dos exercicios e programas respectivos.

6.6. Os exercicios escritos poderán ser lidos publicamente, se así o acordase o tribunal.

6.7. Nos exercicios que comprendan probas físicas, o tribunal poderá esixi-lo certificado médico correspondente que acredite que os/as aspirantes se encontran en debidas condicións para realizalas ou sometelo a previo recoñecemento médico.

6.8. A cualificación dos/as aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas no taboleiro de edictos do Pazo Municipal.

6.9. Os programas determinaranse nas correspondentes convocatorias específicas, axustándose ó establecido no artigo 8 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, así como a lei 8/1992, do 24 de xuño, da Xunta de Galicia, sobrea a obrigatoriedade de coñecemento do idioma galego.

7. Desenvolvemento e cualificación dos exercicios.

7.1. Comezada a práctica dos exercicios, os tribunais poderán requirir en calquera momento ós concorrentes respectivos para que acrediten a súa identidade. Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos/as aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria excluiráselle dela, logo da audiencia do interesado. Cando o tribunal exclúa un aspirante, comunicarallo o mesmo día á autoridade que provocara o proceso selectivo.

O tribunal velará por mante-lo anonimato dos/as aspirantes. Para tal fin, as follas nas que se realicen os exames escritos contarán, na súa parte superior, cunha carátula extraíble destinadas para indica-los datos identificativos do/a aspirante, quen, trala realización da proba, entregará as correspondentes follas, que non poderán ser asinadas, salvo na carátula identificativa.

Unha vez recibido cada exame, o secretario/a do tribunal numerará co mesmo número a carátula e cada unha das follas presentadas por cada un/unha dos/as aspirantes, que recibirán un número correlativo segundo a orde da súa presentación.

Rematada a entrega dos exames por cada un/unha dos aspirantes, o secretario/a do tribunal gardará as devanditas carátulas en sobre debidamente cerrado e selado, sobre que entregará xunto cos exames ó secretario xeral do concello para a súa custodia.

7.2. Nas probas selectivas que se realicen polo sistema de concurso-oposición a fase de concurso, que será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición. O tribunal non poderá valora-lo non alegado e probado polos/as aspirantes nos documentos achegados no momento de presenta-las solicitudes para admisión ás probas selectivas, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para a emenda da falta de alegacións ou de proba de méritos.

7.3. Os sistemas de cualificación das distintas probas selectivas puntuaranse en cada exercicio de 0 a 10 puntos, nas probas de oposición, determinándose nas bases específicas correspondentes os que teñan carácter eliminatorio, neste caso, deberá obterse a nota mínima de cinco puntos para resultar aprobado.

7.4. As cualificacións dos/as aspirantes aprobados/as en cada exercicio, faranse públicas no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

7.5. A relación definitiva de aprobados/as ó remate das probas selectivas, e que non poden rebasa-lo

número de prazas que se van cubrir, confeccionarase cos opositores que superados tódolos exercicios obrigatorios, obteñan maior puntuación na suma das correspondentes a tódolos exercicios, e se é o caso, da fase de concurso.

8. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

8.1. Rematadas as probas, o tribunal expoñerá no taboleiro de edictos da Casa do Concello a relación de aprobados/as por orde de puntuación, non podendo rebasar estes o número de prazas convocadas, e elevará a devandita relación, xunto coa acta da última sesión á alcaldía-presidencia da corporación, para efectos do seu nomeamento.

8.2. No prazo de 30 días naturais, contados desde o día seguinte a aquel que se fixeron públicas as listas, os/as opositores aprobados/as deben presentar no Negociado de Persoal os seguintes documentos: a) Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil correspondente. b) Fotocopia do título académico esixido na respectiva base específica, que debe acompañar do seu orixinal para ser debidamente autenticada, ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboados os dereitos para a súa expedición. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de remate do prazo de presentación das solicitudes de admisión ás probas selectivas, deberán xustificar debidamente o momento de remate dos estudios correspondentes. c) Declaración xurada de que non foi separado mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública, nin acharse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. d) Declararación xurada de non acharse incurso en ningunha causa de incapacidade

e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referida ó momento da súa toma de posesión. e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función e que deberá ser expedida pola Xefatura Provincial de Sanidade ou organismo que asuma as devanditas competencias.

8.3. Os/as aspirantes que farán vale-la súa condición de persoas con minusvalidez deberan presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

8.4. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria, mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

8.5. Os que tiveran a condición de funcionarios/as de carreira, estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, que concorden cos da convocatoria correspondente,

debendo presentar certificación da Administración pública de quen dependan para acreditar tal condición.

8.6. Os que dentro do prazo indicado, e salvo casos de forza maior, non presentaran documentación, non poderán ser nomeados/as quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puideran incorrer por falsidade na súa solicitude.

8.7. Cumpridos os requisitos procedentes, o presidente da corporación efectuará o nomeamento dos/as aspirantes propostos, os que tomarán posesión no prazo de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ó que lle sexa notificado.

Se é o caso, e para os supostos que se determinen nas respectivas bases específicas, o nomeamento como funcionario de carreira poderá quedar supeditado á superación do correspondente período de prácticas ou curso de formación.

8.8. Os/as aspirantes que obteñan o correspondente nomeamento estarán obrigados/as a presta-la súa xornada de traballo na medida e xeito establecidos no servicio ó que sexan adscritos, con horario de mañá e tarde, fraccionando a xornada, se fora preciso.

9. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados/as nos casos e no xeito establecido pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ferrol, 18 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

5772