Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa K-K', perpendicular á rúa da Estrada.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 18 de maio de 1998 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da rúa K-K' perpendicular á da Estrada, formulado mediante iniciativa particular por SUBILDI, S.L., e redactado polo arquitecto Francisco Lorente Rivas, con visado da Delegación en Pontevedra co COAG con data do 20-8-1996 e plano número 7 intervido o 3-3-1997, que reforma e anula o correlativo daquel, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Tareixa) a docu

mentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 5 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

5736