Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de incendios 227I/97 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294 do 1 de decembro), e do seu regulamento con data do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38 do 13 de febreiro), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Ana María Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: 227I/97.

Denunciado: Atilano Teijeiro García.

Último domicilio coñecido: lugar S. Román, 1, Cedeira.

Feito denunciado: queimar ou acender lume cando está prohibido (15 agosto a 30 setembro).

Tipificación Regulamento incendios: artigo 138.A.

Tipificación Regulamento incendios, cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

Expediente: 245I/97.

Denunciado: Mercedes Salgado Vázquez.

Último domicilio coñecido: Torrente, Conxo, Santiago de Compostela.

Feito denunciado: queimar ou acender lume cando está prohibido (15 xullo a 30 setembro).

Tipificación Regulamento incendios: artigo 138.A.

Tipificación Regulamento incendios, cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 302I/97.

Denunciado: Luciano Foz Barcia.

DNI: 32.550.367.

Último domicilio coñecido: Barral S. Román, Cedeira.

Feito denunciado: queimar ou acender lume cando está prohibido (15 xullo a 30 setembro).

Tipificación Regulamento incendios: artigo 138.A.

Tipificación Regulamento incendios, cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 385I/97.

Denunciado: Contenedores Santiago, S.L.

Último domicilio coñecido: Pol. Río do Pozo, P. 127, Narón.

Feito denunciado: queimar sen autorización.

Tipificación Regulamento incendios: artigo 137.B.

Tipificación Regulamento incendios, cualificación: grave.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

5450