Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 28 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-331/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidad con disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-331/1997, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (Praza de Europa, 10 A 2º, edificio Área Central As Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir desta notificación.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela.

A Coruña, 28 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15-331/1997.

Inculpado: Aluminios La Barcala, S.L.

Domicilio: Polígono A Barcala s/n (Cambre, A Coruña).

Sanción e motivos: 50.000 ptas; Irregularidades na prestación dun servicio.

Data da Resolución: 28-4-1998.

5459