Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de incendios 099I/96 e 291I/96).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción administrativa á Lei 81/1968, do 5 de decembro, de incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro), e do seu regulamento con data do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizados que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario, perante conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o plazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 099I/96.

Denunciado: Antonio Ramos Romero.

Último domicilio coñecido: Pousada, S. Miguel de V., Valdoviño.

Feitos denunciados: queimar sen autorización e sen adopta-las debidas precaucións.

Tipificación Regulamento de incendios: artigo 138.A.

Tipificación Regulamento de incendios, cualificación: moi grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente: 291I/96.

Denunciado: Manuel Ferreiro Arias.

DNI: 33.746.024.

Último domicilio coñecido: Souto, 12, Carnoedo, Sada.

Feitos denunciados: queimar ou acender lume cando está prohibido (15 xullo a 30 setembro).

Tipificación Regulamento de incendios: artigo 138.A.

Tipificación Regulamento de incendios, cualificación: moi grave.

Sanción: 50.000 ptas.

5741