Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de incendios 071I/98 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de régimen jurídico de las administraciones públicas y del procedimiento administrativo común, notificaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro), e do seu regulamento con data do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13 de febreiro), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación dos procedementos, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co Real decreto 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguínte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para achegaren por escrito

cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe das sancións.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 071I/98.

Denunciado: José Mª Domínguez Domínguez.

DNI: 32.303.439.

Último domicilio coñecido: Silva de Arriba, 2, Rodeiro, Oza dos Ríos.

Feito denunciado: queimar con autorización sen toma-las debidas precaucións.

Tipificación Regulamento incendios: artigo 138.C.

Tipificación Regulamento incendios, cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

Expediente: 091I/98.

Denunciado: Paulo J. Pinto Silva.

Último domicilio coñecido: S. Pedro de Nós, Oleiros.

Feito denunciado: depositar lixo, madeiras, plásticos, papel e entullos sen autorización.

Tipificación Regulamento incendios: artigo 137.E.

Tipificación Regulamento incendios, cualificación: grave.

Sanción proposta: 30.000 ptas.

Expediente: 092I/98.

Denunciado: Ángel J. Suárez Barciela.

DNI: 53.167.967.

Último domicilio coñecido: S. Pedro de Nós, Oleiros.

Feito denunciado: acumular lixo sen autorización.

Tipificación Regulamento incendios: artigo 137.E.

Tipificación Regulamento incendios, cualificación: grave.

Sanción proposta: 30.000 ptas.

Expediente: 112I/98.

Denunciado: Áridos Dragados Rías Altas, S.L.

Último domicilio coñecido: Estrada Corme p.k. 1, Ponteceso.

Feito denunciado: abandonar vehículo nun monte público, rodeado de maleza e masa forestal.

Tipificación Regulamento incendios: artigo 137.E.

Tipificación Regulamento incendios, cualificación: grave.

Sanción proposta: 35.000 ptas.

5740