Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de caza 98/0071.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza (DOG nº 113, do 11 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Medio Ambiente desta consellería, segundo o artigo 68 da Lei 4/1997, de caza.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples (Monelos), e para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, coide convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples (Monelos, A Coruña).

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 29 de maio de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-98/0071.

Denunciado: Celso Carballo Leiro.

DNI: 35.279.221.

Último enderezo coñecido: r/ Pontevedra, 51 Cangas (Pontevedra).

Feitos denunciados: cazar en época de veda e nun couto sen o correspondente permiso.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 58.1º; cualificación: grave.

Artigo: 58.27º; cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 multa, 1 ano 1 día de inhabilitación.

5739