Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Garabelos.
Situación: Baltar.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 756 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio de derivación da L.M.T. a Niñodaguía e remate en apoio de derivación a Bouzo. L.M.T. aérea a 20 kV de 296 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio de derivación da L.M.T. a Bouzo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Garabelos. R.B.T. aérea de Garabelos con 865 m en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 13 de maio de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
4938