Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/104-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Nigueiroá.

Situación: Rairiz de Veiga.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 950 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio de derivación da L.M.T. a Barracel e remate no C.T. existente en caseta de Nigueiroá. L.M.T. aérea a 20 kV de 316 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio número 12 da L.M.T. a Barracel e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V da Gándara. R.B.T. aérea do C.T. de Nigueiroá con 2.445 m e R.B.T.

aérea do C.T. da Gándara con 845 m ámbalas dúas en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4937