Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Xuxa-Filgueiras-Azoreiros.
Situación: Rairiz de Veiga.
Descricións técnicas: 3 liñas aéreas a 20 kV en conductor LA-56. 1ª: de 2.495 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Vilar de Santos-Montalbán e remate en apoio de derivación da L.M.T. a Barracel. 2ª: de 1.115 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. a C.T. Nigueiroá e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Azureiros. 3ª: de 38 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. a C.T. Nigueiroá e remate no C.T. existente en Caseta de Xuxa. R.B.T. aérea de Azureiros con 1.460 m, e R.B.T. aérea de Xuxa e Filgueiras de 1.260 m, ámbalas dúas en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 13 de maio de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
4932