Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/23-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Mamede.

Situación: Viana do Bolo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor tipo LA-56, de 541 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 35 da L.M.T. dobre circuíto Bao-Viana e remate no C.T.A. de Fornelos de Cova con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Liña de media tensión a 20 kV, en conductor tipo LA-56, de 301 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. a C.T. de Fornelos de Cova e remate no C.T.A. de San Mamede con 100 kVA, r/t

20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión aéreas de Fornelos de Cova e de San Mamede, en conductores tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 4 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4936