Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/91-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., O Vao-Grixó-Conxo.

Situación: Manzaneda, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV en apoios de formigón, de 12.458 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na subestación do Vao e remate en Vilariño de Conso. Liña aérea a 20 kV de 106 metros de lonxitude, con orixe en apoio nº 30 da L.M.T. proxectada O Vao-Conso e remate no C.T. aéreo existente de Grixó.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4931